Main menu

Fin de semana solidario

A caridade é humillante porque se exerce verticalmente e dende arriba; a solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo”, Eduardo Galeano.

Entre o 21 de decembro de 2013 e o 6 de xaneiro de 2014 @s Náufrag@s do Paradiso (coa colaboración do Bar do Lechu, Bar Mowenpick e hostal-restaurante Ríosol) organizamos unha campaña de recollida solidaria de alimentos, roupa e xoguetes que foron entregados á Cruz Vermella e a Cáritas. Así mesmo, levamos a cabo unha recollida de gafas graduadas e de sol, coordinada por unha socia, que foron destinadas á ONG Iliumináfrica para ser levadas ao Chad. Como punto de arrinque da campaña, colocouse un posto na Praza de España para dar visibilidade á campaña e ofrecer información da mesma.

A resposta da cidadanía foi realmente positiva, e a campaña rematou cunha cantidade moi satisfactoria de artigos recollidos. Aínda así, pregámosvos que non acabe aquí a colaboración con estas entidades solidarias, máxime en tempos como os actuais, nos que gran parte da poboación do país e do mundo sufre importantes penurias económicas.

Festival Aparte

O día 20 de setembro, no marco da tradicional romaría da parroquia d’A Parte polo San Mateo, @s Náufrag@s preparamos un concerto coa participación estelar das bandas Millo, The Riggos, Toñito All Time e The Neme6. A troula resultante foi o aderezo máis axeitado para unha das noites máis salvaxes do ano na Comarca de Lemos.


Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/naufragosdoparadiso0/www/modules/mod_custom_advanced/mod_custom_advanced.php on line 10

Foto Aleatoria!

227966_285999191503892_872028532_n.jpg