Main menu

Terbutalina

A Terbutalina nase no insentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de jaraxe, o punk e outros sons.

Con un disco en directo, dous EPs, e máis outros dous LPs, sen duda nos atopamos ante unha das bandas con máis proxección actualmente no territorio galego, e coma eles mesmos din: Bailen, hostia! Bailen!

Bandcamp de Terbutalina

Blog de Terbutalina

Skarallaos

 

Ska, reggae, punk, latin, balkan… A fusión de estilos é unha das principais facetas desta orixinal e enérxica banda, que tras unha curta pero intensa carreira con máis de 200 concertos por toda Galiza e o resto da península, veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico totalmente autoxestionado, titulado Sin Fronteras, o cal podedes escoitar na súa web.

Myspace de Skarallaos

Ultraqans

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.
Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.
Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.
Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.
Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.
Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.
Que o desfruten. Chipirixouba!

Web oficial de Ultraqans

La Vaga Banda

La Vaga Banda, esta formación viguesa cun estilo reggae-ska, non quere estar baixo ningunha influencia ou estilo, xa que para eles todo eso son etiquetas que te obligan a poner, para clasificar algo que no ten palabras. Mandanos saudos a todos os vagos dispersos polo mundo e como esta vida ten movimento, vamos a movernos con ela.…”La vaga banda sonando sempre en estereo”…

Blog de La Vaga Banda

Vera Lynn

A pesar de que orixinalmente non pretendían ser unha banda-tributo, Vera Lynn convertéuse nun auténtico homenaxe a unha das agrupacións máis emblemáticas dos anos 70s, Pink Floyd.

Formada por experimentados músicos procedentes de Yellow Pixoliñas, Doc Magoos, Anger e Morphina, Vera Lynn nos ofrecen un espectáculo de música, luces e vídeo que nos transportará aos anos mozos de Syd Barret e compañía.

 

Mago Tonino

O mago Tonino sumerxenos nun mundo de maxia con música e voz amplificadas. Unha viaxe divertida polo ilusionismo, tocando varias disciplinas: manipulación, mentalismo, catomaxia...


Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/naufragosdoparadiso0/www/modules/mod_custom_advanced/mod_custom_advanced.php on line 10

Foto Aleatoria!

390129_136066979830448_1197925835_n.jpg