Main menu

Festicultores

Importante banda galega consolidada nos grandes festivais da zona e teloneiro de Manu Chao na súa xira internacional, coma eles mesmos se autodefinen, son auténticos cultivadores de festas.

Web oficial dos Festicultores

Recambios Tucho

Banda ribeirense liderada polo jran Tucho, principal compositor da mítica banda de rock bravú Heredeiros da Crus, que nos fan josar coas suas versións recautuchadas de clásicos do rock dos 70 e 80 e os temas de toda a vida dos Heredeiros.

Skandalo GZ

Banda de punk-ska de Ponteareas, con dúas maquetas e un disco na súa carreira, e unhas letras cargadas de reivindicación e crítica social.

Myspace de Skandalo GZ

The Miñocas

Unha das bandas con máis potencial da comarca de Lemos, formada por antigos membros de Ycía, Deaf Noise, e Poet's Silence.

Esta agrupación fainos retornar aos anos 50 e 60 coas súas revisións dos clásicos de rock and roll da época.

Web oficial de The Miñocas

Facebook de The Miñocas

Indica Sound feat. Ras Mael I & JMV

Agrupación andaluza de música reggae formada polo productor e enxeñeiro de son King Jahvy, de Indica Sound, aos mandos da mesa de son, acompañado polos músicos Ras Mael I e Jose Miguel Vega, traendo as boas vibracións ao noso festival.

Myspace de Indica Sound

Web de Ras Mael I

Myspace de Jose Miguel Vega

 

A Velas Vir

Unha das míticas bandas monfortinas, que nos deleitan co seu amplio repertorio de versións e temas propios, gañadores do concurso "En marcha, música xove", organizado pola Diputación de Lugo.

Myspace de A Velas Vir

Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Web oficial de Cé Orquestra Pantasma

DJs Eros Marez, Ungar & Beat Polar

3 importantes DJs galegos de música electrónica.

Eros Marez fundou recentemente a súa propia discográfica, Banm Records, que na actualidade conta con artistas de diferentes partes do mundo.

Ungar, con máis de 10 anos de experiencia traballando en discográficas como Divided, Music Kolektiv, Monocline, e a citada Banm Records.

Beat Polar, DJ monfortino influenciado polos sonidos máis minimalistas.


Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/naufragosdoparadiso0/www/modules/mod_custom_advanced/mod_custom_advanced.php on line 10

Foto Aleatoria!

532357_285463548224123_1518107452_n.jpg