Main menu

O Festival do Paradiso está levado a cabo pola Asociación Cultural Naufragos do Paradiso de Monforte de Lemos. Está importante asociación de Monforte está formada por máis dun centear de persoas e realiza diferentes actividades en Monforte co fin de potenciar a súa principal aposta, O Festival do Paradiso.

Nin nos anos de ouro do festivais de verán foi posible consolidar un gran festival en Monforte, intentouno o concello fai dez anos insertando un nas festas patronais pero a asistencia de público quedou moi por debaixo das expectativas e non chegou a realizarse a segunda edición.

Un dos motivos máis importantes desta asociación, é aproveitar a importancia da situación demográfica de Monforte e potenciar un gran festival na segunda cidade da provincia de Lugo e ser un referente na zona sur xa que esta só ten dous festivais (o Festival do Castro en Ferreira e o Terra Brava no Incio).

Dende a organización do Festival do Paradiso cremos que a primeira edición noso festival superáronse con creces as expectativas iniciais e foi todo un éxito, conseguimos xuntar a máis de mil persoas nun festival que a nivel de grupos non tivo que envidiar nada a otros festivais de Galicia.

Pretendemos seguir crecendo como festival traendo grandes referentes da música galega e cambiando a data para finais de agosto para así aumentar a asistencia e poder consolidarnos.

Para iso temos a axuda do Concello, dos comercios e bares nos que a gran maioría axudaron económicamente e sobre todo da xente de Monforte que se implicou moitísimo para poder consolidar por fin un festival neste cidade.


Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/naufragosdoparadiso0/www/modules/mod_custom_advanced/mod_custom_advanced.php on line 10

Foto Aleatoria!

390129_136066979830448_1197925835_n.jpg